Cargando resultados...
Catro feridos nunha colisión múltiple na AP-9 en Culleredo
Catro feridos nunha colisión múltiple na AP-9 en Culleredo
No accidente víronse implicados catro vehículos
Os feridos foron trasladados ao hospital
G24.gal
06/09/2024 11:01
Catro persoas quedaron feridas no choque entre catro vehículos na AP-9 á altura de Culleredo (A Coruña).
Segundo o 112 Galicia, un particular avisou dez minutos antes das nove da mañá deste venres de que un vehículo envorcara no quilómetro 7 da AP-9, no Burgo.
Os outros tres coches chocaron por alcance.
Ata o lugar desprazáronse profesionais de urxencias sanitarias, os Bombeiros de Betanzos, a Garda Civil e persoal de mantemento da estrada.
Os catro feridos foron trasladados ao hospital.