Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home en Vilarmaior ao caer co seu tractor por un terraplén

Falece un home en Vilarmaior ao caer co seu tractor por un terraplén

O corpo puido ser liberado pero os servizos sanitarios desprazados á zona só puideron confirmar o seu falecemento

G24.gal 05/09/2024 21:13 Última actualización 06/09/2024 16:26

Un home perdeu a vida en Vilarmaior, na Coruña, ao caer co seu tractor por un terraplén.

O suceso ocorreu este xoves á tarde na parroquia de Grandal.

Segundo unha testemuña que alertou o 112, vehículo e condutor caeron dende unha altura de dous metros, de maneira que o tractor aterrou enriba da vítima.

O corpo puido ser liberado pero os servizos sanitarios desprazados á zona só puideron confirmar o seu falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade