Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Romaría Vikinga conquistou Catoira este domingo

A Romaría Vikinga conquistou Catoira este domingo

Miles de persoas asistiron ao desembarco dos bravos guerreiros nórdicos

A festa é todo un reclamo turístico para un concello de algo máis de tres mil habitantes que, ano tras ano, multiplica os visitantes nestas datas

O luns haberá un segundo desembarco protagonizado por cativos

G24.gal 04/08/2024 21:14

As Torres do Oeste volveron ser testemuñas do avance dos viquingos río abaixo. A bordo dos seus drakkars, chegan co firme propósito de tomar a costa e saqueala rexión. Nesta romaría, que se celebra dende hai máis de sesenta anos, Catoira revive parte da súa historia.

"Os viquingos querían entrar aquí para arrasar Compostela e coller o ouro da catedral, pero aquí detivéronos".

"Aproximadamente poden vir 20 en cada barco, pero iso tamén varía da xente que teñan...!".

"Chegan con ganas de coller as Úrsulas e o viño e pasalo ben.

"Para a zona é impresionante, aínda que houbo onte festa na vila, a festa é esta", comentan.


As tropas locais mantéñense firmes na defensa da terra e logran pararlles os pés aos guerreiros.

"Eu creo que doado non, pero eu creo que imos poder cos viquingos.  Eu vou estar na retagarda, ao lado do viño, dos mexillóns", di un mozo.


Mil anos despois, aquela batalla campal é unha festa grande, declarada de Interese Turístico internacional.

Este ano, como novidade haberá unha segunda recreación o luns e estará  protagonizada exclusivamente por nenos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar