Publicador de contidos
Publicador de contidos

As baixas 'hipotecan' a preparación do seguinte partido no Obradoiro

As baixas 'hipotecan' a preparación do seguinte partido no Obradoiro

G24.gal 19/11/2021 15:24

Os xogadores do Obradoiro seguen remoendo na derrota de Bilbao e Moncho Fernández esfórzase, de quitada a eiva das triplas, por facer apostolado da botella medio chea. 

Con Beliauskas, o último en caer lesionado, e con Álex Suárez de baixa; e sen Hobbs aínda a tope, o traballo semanal para preparar o enfontamento de mañá contra Zaragoza volveu quedar hipotecado.

Malia transmitir optimismo sen fisuras. Madía leva, o certo é que o Zaragoza chega ao Sar cunha vitoria máis ca os santiagueses e o choque terá consecuencias importantes na clasificación. 

E lembren que imperou o sentido común e que o Rio Breogán xogará co Joventut a finais de decembro.

O bosníaco Musa é o último caso positivo coñecido no equipo breoganista. Catro xogadores, a moza dun xogador e un traballador da entidade. Un gromo en opinión do Sergas. Suficiente para adiar o encontro. O equipo que dirixe Paco Olmos leva dez días sen adestrar en conxunto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos