As baixas non frean un Arenteiro que gaña en Irún (1-2)
Os de Javi Rey chegan aos 29 puntos, cada vez máis preto do play off de ascenso
Pibe, de penalti, e Manín marcaron os goles galegos
Pola semana marcharon Pibe e Álex Fernández. Fálase da venda de Luís Chacón ao Deportivo. Pero ninguén aparta o Arenteiro da súa folla de ruta. O equipo de Javi Rey acadou a vitoria no Stadium Gal de Irún (1-2) e dispárase ata os 29 puntos, moi preto dos postos de play off de ascenso.
Houbo que sufrir ao comezo, cun par de ocasións claras dos irundarras. O primeiro gol chegou despois dun penalti discutido que transformou Pibe no minuto 32.
Ao comezo do segundo tempo apareceu o substituto de Miku no once titular, Manín Gonzaga, para marcar o segundo nunha xogada de contragolpe. Tocou facer un exercicio defensivo a partir dese intre e durante moitos minutos non sufriu o Arenteiro.
Cos trocos o Real Unión apertou e, a falta de catro minutos, Peru Ruíz recortou diferenzas. Houbo que aguantar sete minutos de engadido pero os puntos viñeron para O Carballiño nunha nova fazaña nesta Primeira Federación.