Publicador de contidos
Publicador de contidos

"As bestas", o mellor filme nos Premios Forqué

"As bestas", o mellor filme nos Premios Forqué

Nas series, premios para Apagón e Rapa, de creación galega

G24.gal 18/12/2022 13:54 Última actualización 18/12/2022 14:01

As bestas aumenta a súa condición de favorita para os Premios Goya logo de acadar dous galardóns nos Premios Forqué que entregan os produtores do cine español.

O equipo de As Bestas, dirxida por Rodigo Sorogoyen, recolleu o premio ao mellor filme. Tamén recibiu o da mellor interpretación masculina protagonista para o actor francés Denis Ménochet.

Cinco Lobitos, de Alauda Ruíz de Azúa, acadou dous galardóns: o premio ao cine e educación en valores e á mellor interpretación feminina protagonista para Laia Costa.

No apartado de series recolleu premio Apagón, coordinada polo vigués Fran Araujo, e Mónica López, á mellor actriz protagonista en Rapa, serie do lucense Jorge Coira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade