As Cabanas de Xarás premiadas polo COAG polo seu deseño integrador na paisaxe
As Cabanas de Xarás premiadas polo COAG polo seu deseño integrador na paisaxe
Son catro construcións de madeira, dedicadas a turismo rural, ubicadas na parroquia marinense de Ardán
O arquitecto Alfonso Penela definiu un deseño aberto, cunha fachada en bispel, semellando que abraza as árbores do bosque no que se integran
No principio foi o concepto de aloxamento. Os promotores xa tiñan en mente que tipo de construción querían. "Pensamos nunhas cabanas nórdicas en forma de pico", sinala Silvia Portela, promotora e xerente destes aloxamentos rurais.
Logo buscaron a ubicación máis acaída. E atoparon este fermoso espazo na parroquia marinense de Ardán, con vistas á ría de Pontevedra. Consultaron o arquitecto Alfonso Penela, quen lles propuxo a idea definitiva, para que a construción se mesturase plenamente coa paisaxe. "Nun dos lados abriu como unha fachada en forma de brazos abertos, en bispel, para que parecese que abrazan as árbores que xa había no bosque", comenta Silvia.
Abrazan carballos e salgueiros. A terraza de maeira agocha recunchos ideais para o relax. A integración na contorna foi o que máis valorou o xurado dos premios Gran de Area. De Penela son tamén os deseños interiores, como o orixinal baño embutido en chapa de aceiro. A calidade dos mateirais, o confort e as vistas son apreciados por unha clientela internacional.
Son catro, e cada unha ten o seu nome. Nomes de flores autóctonas: mimosa, margarida, néboda e chcuchamel. Abren todo o ano. E agora no Nadal son as árbores de luces as que abraza a cabana, por dentro e por fóra.