Publicador de contidos
Publicador de contidos

As candidaturas galegas, finalistas en oito categorías dos Premios Goya

As candidaturas galegas, finalistas en oito categorías dos Premios Goya

Oos actores Luis Zahera e Diego Anido son finalistas na categoría do mellor actor de elenco.

Javier Gutiérrez e Luís Tosar aspiran ao Goya ao mellor actor.

G24.gal 11/02/2023 21:50 Última actualización 11/02/2023 21:59

Con 17 candidaturas, As Bestas, de Rodrigo Sorogoyen, é o filme que aspira a facerse con máis galardóns na gala dos Goya. Entre elas hai dúas con protagonismo galego, a dos actores Luis Zahera e Diego Anido, finalistas na categoría do mellor actor de elenco.

Polo Goya ao mellor actor compiten Javier Gutiérrez, polo seu papel en Modelo 77, o filme de Alberto Rodriguez, e Luís Tosar, protagonista de En los márgenes, dirixida por Juan Diego Botto.

Na animación tamén hai presenza galega, con dúas longametraxes entre as cinco finalistas, Unicorn Wars, de Alberto Vázquez, e Os demos de barro, coproducida por Xosé Zapata. Na categoría da mellor curta de animación opta ao Goya Amanece la noche más larga, de Carlos Fernández de Vigo. Outras dúas curtas galegas tamén están entre as finalistas.

Na categoría de ficción, compite La entrega, de Pedro Díaz, e na de documental, Memoria, dirixida por Nerea Barros. O guionista Fran Araújo opta ao premio do mellor guión adaptado polo seu traballo en Un año, una noche, o filme de Isaki Lacuesta.

A produción galega Trece exorcismos aspira a facerse co Goya aos mellores efectos especiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade