As candorcas inutilizan un barco na costa de Viveiro
As candorcas inutilizan un barco na costa de Viveiro
O veleiro quedou co temón danado e danos no casco
O ataque produciuse a só tres millas do porto
As candorcas atacaron un veleiro de bandeira francesa que estaba a navegar a tan só tres millas da costa na zona de Viveiro. Os dous tripulantes quedaron ilesos pero o barco quedou co temón danado e tivo que ser remolcado ata o porto para proceder á súa reparación. Os donos da nave aseguran que non temeron polas súas vidas pero lembran que as candorcas poden supoñer un risco moi grande para a navegación e provocar accidentes graves.
As candorcas levan dous anos aparecendo pola Mariña e xa causaran problemas en Ribadeo en 2020. A súa presenza causa preocupación entre os donos dos barcos amarrados en Viveiro, moitos deles estranxeiros, polos accidentes que poidan causar e porque lles obriga a modificar en moitos casos os seus plans de navegación.
Malia o acontecido coas candorcas, estes dous irmáns só pensan xa en reparar canto antes o veleiro e retomar a súa travesía.