Publicador de contidos
Publicador de contidos

As carabelas portuguesas chegan a San Cibrao, en Cervo

As carabelas portuguesas chegan a San Cibrao, en Cervo

Estes cnidarios, de picadura perigosa, son parentes das anemones e non das augamares 

O persoal do GES que retirou as carabelas portuguesas no cabo San Cibrao realizou esta foto O persoal do GES que retirou as carabelas portuguesas no cabo San Cibrao realizou esta foto
G24.gal 18/08/2023 18:11 Última actualización 18/08/2023 21:21

O persoal do GES retirou ás nove da mañá un novo grupo de carabelas portuguesas entre o cabo de San Cibrao e a Insuela, na Mariña.

Emerxencias da zona permanece en alerta ante a chegada dos cnidarios, parentes das anemones e non das augamares, cunha picadura moi perigosa. Mesmo prohibiron o baño esta semana en praias de Foz e Barreiros.

De velas, avisen axiña a emerxencias e, sobre todo: non as toquen

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar