Publicador de contidos
Publicador de contidos

O temporal corta os trens entre Cataluña e Valencia e confina Alcanar en Tarragona

O temporal corta os trens entre Cataluña e Valencia e confina Alcanar en Tarragona

As fortes precipitacións interrompen a circulación na autoestrada AP-7 durante dúas horas entre Castelló e Tarragona e na N-340, dúas estradas que van en paralelo ao litoral

Alcanar acumula 215 litros por metro cadrado en 24 horas e pide aos veciños que se confinen

O alcalde de Madrid pídelles aos veciños que non saian da casa

A AP-7 cortada en Tarragona polas inundacións/Mossos d´Esquadra
G24.gal 03/09/2023 11:16 Última actualización 03/09/2023 14:58

As abondosas precipitacións que se producen desde o sábado pola DANA continúan este domingo no centro e sueste da Península. As previsións indican fortes treboadas e a Aemet emitiu un novo aviso especial, xa que agarda que continúen ata o luns.

En Cataluña as chuvias torrenciais causaron o corte a AP-7 en Ulldecona e da N-340 en Alcanar. Son concellos de Tarragona e ambas as vías discorren de xeito paralelo á costa.

Ademais, Protección Civil pediu á poboación de Alcanar (9.600 habitantes) ques se confine todo o municipio por mor da acumulación de precipitacións e de posibles inundacións, e recomendou aos veciños que suban ás plantas superiores das vivendas, dado que as choivas xa acumulan na localidade máis de 215 litros por metro cadrado, nas últimas 24 horas.

Corte da AP-7 no treito entre Tarragona e Castelló

As intensas precipitacións caídas durante a noite e nas últimas horas obrigaron a cortar totalmente a circulación na estrada AP-7 entre as localidades de Vinaròs, en Castelló, e Amposta, en Tarragona, por inundación da calzada. En concreto, a circulación está interrompida á altura do quilómetro 346. Desviouse o tráfico por vías adxacentes, do que se informa nos paneis de mensaxería variable da vía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade