Publicador de contidos
Publicador de contidos

As comunidades alivian as restricións contra a covid

As comunidades alivian as restricións contra a covid

Cataluña elimina as corentenas nos colexios a partir de mañá

Valencia anula a obriga do pasaporte na hostalería

Cataluña e Valencia levantan parte das restricións
G24.gal 22/02/2022 13:09

Algunhas comunidades están aliviando as restricións ante a baixada de casos covid. Cataluña elimina a partir deste martes as corentenas escolares e deixará de realizar tests de antíxenos aos profesores. Tamén se deixará de identificar os contactos estreitos dos alumnos contaxiados. 

Valencia, desde hoxe xa, anula a obriga de presentar pasaporte covid en bares e restaurantes. Só se manterá en residencias e centros sociais. Tamén se elimina na hostalería a limitación de dez persoas por mesa e a separación de metro e medio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade