Publicador de contidos
Publicador de contidos

As comunidades de veciños terán ata o 1 de outubro para pasar a inspección do ascensor

As comunidades de veciños terán ata o 1 de outubro para pasar a inspección do ascensor

Unha nova interpretación da lei dálles tres meses máis de prazo

G24.gal 28/06/2024 16:27

As comunidades de veciños gañan tres meses para pasar a inspección do ascensor debido a unha nova interpretación da normativa, que dá esta marxe aos propietarios tras ser avisados de que deben someter ao seu elevador a unha inspección periódica obrigatoria.

O Goberno informou á Federación Empresarial Española de Ascensores de que a interpretación correcta da nova normativa pasa por que toda a lexislación entra en vigor o 1 de xullo. Con todo, hai que avisar con tres meses de antelación ao propietario antes de paralizar o seu ascensor.

Desta maneira, non será ata o 1 de outubro cando os elevadores teñan que quedar sen uso se non se pasou nesa data a inspección.

"Como este proceso non é inmediato, ante a proximidade da entrada en vigor da norma (1 de xullo), desde o sector solicitouse ao Ministerio que indique cal é a súa interpretación nalgunhas das cuestións que máis preocupaban aos diferentes axentes do sector (empresa mantedora, Organismo de Control Autorizado, propietarios) como por exemplo a data na que deben iniciarse as paralizacións de ascensores coa inspección caducada", din dende a federación empresarial.

"O ministerio entende que debe interpretarse así:  que o 1 de xullo entra todo en vigor, pero que hai que avisar, e só se pasados tres meses seguen sen inspección, paralizar", subliñaron fontes da federación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade