Publicador de contidos
Publicador de contidos

O proxecto Fixar quere atraer talento emprendedor e fixar poboación no rural galego

O proxecto Fixar quere atraer talento emprendedor e fixar poboación no rural galego

O piloto conta con 60 participantes, entre os que hai nómades dixitais, desempregados e galegos retornados

G24.gal 27/09/2024 14:01

O concello ourensán de Lobeira é pioneiro en Europa no proxecto de coliving. Son vivendas compartidas con espazos comúns para que persoas de diferentes países poidan colaborar nos seus proxectos. O convenio Fixar, que puxo en marcha a Xunta, une esta iniciativa de Sende con outros dous coliving de Ponte Caldelas e Laxe, co obxectivo de dinamizar o rural galego apoiando o emprendemento. O proxecto piloto conta con 60 participantes, entre os que hai nómades dixitais, desempregados e galegos retornados.

"A conxunción entre o rural galego e as novas tecnoloxías permite que moita xente que hoxe pode traballar en remoto a través de internet poida ter unha experiencia de maior cercanía á natureza, unha vida máis tranquila. E esas cualidades que buscan son as propias das aldeas galegas", asegura o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, que este venres visitou o coliving de Lobeira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade