Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lume calcina por completo unha casa da Forxa, no concello de Porqueira

O lume calcina por completo unha casa da Forxa, no concello de Porqueira

No incendio non houbo que lamentar danos persoais malia que no interior da vivenda había unha persoa con mobilidade reducida, que puido saír por unha xanela

O lume orixinouse sobre as 02:45 horas deste domingo

Unha persoa intoxicada por inhalación de fume tralo incendio nunha vivenda de Culleredo

G24.gal 23/03/2025 12:15 Última actualización 23/03/2025 15:03

Un incendiou calcinou por completo unha vivenda da rúa do Canto na Forxa, no concello ourensán de Porqueira. Malia a voracidade lo lume, non houbo que lamentar danos persoais.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos producíronse sobre as 02:45 horas deste domingo e foi un particular o que alertou de que a casa do seu veciño estaba a arder.

A central de emerxencias deu aviso aos Bombeiros de Xinzo de Limia, ao GES de Muíños, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.

No lugar do suceso, os servizos de emerxencias confirmaron que no interior da vivenda había unha persoa con mobilidade reducida, que puido saír, polos seus propios medios, por unha xanela e resultou ilesa. 

Xa pola mañá, este domingo así llo relataban os veciños e mailo coordinador do GES de Muíñps a Televisión de Galicia.

Nin mobles, nin portas, nin tellado. Ardeu todo o que había no interior da vivenda, situada no núcleo urbano da Forxa. Malia a estar rodeada de casas, só un veciño se decatou do lume. Foi quen avisou o 112.

"A propagación moi rápida polas tarimas e laminados de madeira", sinala Julio Rivero, coordinador do GES de Muíños.

Ao longo da mañá, a noticia ía circulando entre os veciños, sorprendidos polo alcance dos danos. Todos lamentan o sucedido. O dono da casa, un home de 57 anos, salvouse de milagre, saltando por unha ventá malia os seus problemas de saúde.

"Viñeron os bombeiros, a casa ardendo, e el xa estaba fóra. Contoulles que saíra por unha ventá e non facía máis que chorar, loxicamente", di unha veciña.

Os servizos de extinción non saben polo momento como se puido iniciar o lume, xa que estaba moi evolucionado cando chegaron. Si confirman que comezou pola parte dianteira.

"A propagación foi desde a porta á parte de atrás, onde estaba durmindo o propietario. Foi unha sorte que dese abandonado a vivenda, porque pola parte dianteira non podería saír polas reixas das ventás", explica Julio Rivero.

Os labores de extinción, nos que participou a propia alcaldesa da Porqueira, prolongáronse durante máis de tres horas, ata as seis e media da mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade