Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha persoa intoxicada por inhalación de fume tras o incendio nunha vivenda de Culleredo

Unha persoa intoxicada por inhalación de fume tras o incendio nunha vivenda de Culleredo

O lume comezou na campá extractora da cociña da vivenda

Imaxe de arquivo dos bombeiros de Arteixo. Foto: Bombeiros de Arteixo. Imaxe de arquivo dos bombeiros de Arteixo. Foto: Bombeiros de Arteixo.
G24.gal 23/03/2025 13:16

Unha persoa foi trasladada a un centro hospitalario por inhalación de fume tras un incendio nunha cociña en Culleredo.

O lume comezou na campá extractora dunha vivenda situada na rúa Alcalde Electo Carballo, en Rutis, Culleredo, e obrigou á mobilización dos servizos de emerxencia na tarde do sábado, segundo informa Emerxencia de Galicia.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 20:05 horas a través da chamada dun particular, que informaba de que a súa cociña estaba a arder. Aseguraba que xa utilizara un extintor para sufocar as chamas, pero consideraba necesario que acudisen os bombeiros.

Ao lugar acudiron os Bombeiros de Arteixo e Policía Local, e unha vez no lugar os servizos de emerxencia requiriron asistencia sanitaria para un home que inhalara unha importante cantidade de fume e sufrido queimaduras nas mans.

O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi mobilizado e trasladou ao afectado ao centro hospitalario de referencia.

O lume causou danos na campá extractora e en parte do mobiliario da cociña, sen afectar o resto da vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade