Publicador de contidos
Publicador de contidos

As empresas galegas do mar baten un novo récord de exportacións: 2.787 millóns en 2023

As empresas galegas do mar baten un novo récord de exportacións: 2.787 millóns en 2023

A Xunta insiste na súa reivindicación dun PERTE para a industria pesqueira

G24.gal 13/03/2024 15:08

As empresas galegas de transformación de peixe e marisco alcanzaron un novo récord de exportacións o ano pasado, con case 2.800 millóns de euros.

O conselleiro do Mar destacou este dato durante unha visita a Safricope, unha conxeladora situada no porto de Marín. Alfonso Villares insiste na necesidade de fondos europeos para o sector do mar.

"Seguir reivindicando ante o Goberno de Estado ese PERTE da industria pesqueira. É máis que necesario pola cantidade de persoas que queren seguir facendo cambios nas súas empresas para que sigamos sendo vangarda", dixo Villares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade