Cargando resultados...
As familias queren que se esclarezan as causas do afundimento do Villa de Pitanxo
Unha viúva sae da oficina da armadora tras coñecer a morte do seu home
G24.gal
30/03/2022 20:15
Dúas investigacións tratan de esclarecer por que se afundiu o Villa de Pitanxo. Non será un labor doado. Os tres superviventes manteñen dúas versións dos feitos totalmente distintas, e o barco está a máis de mil metros de profundidade nun dos mares máis perigosos do mundo.
As familias dos 21 falecidos queren que se recuperen os corpos, pero tamén que se esclareza a verdade.