Ofrenda floral ao mar en Terra Nova, o último adeus aos falecidos no Villa de Pitanxo
Ofrenda floral ao mar en Terra Nova, o último adeus aos falecidos no Villa de Pitanxo
Remata unha semana moi emotiva onde tivo lugar unha gran homenaxe da cidade canadense
A Casa Real envía unha mensaxe aos familiares das vítimas do Villa de Pitanxo
Na tarde deste domingo as familias dos mariñeiros do Villa de Pitanxo pecharon os actos de homenaxe aos falecidos en Terra Nova. Fixérono cunha emotiva ofrenda floral ao mar que pon o punto e final a este último adeus aos 21 falecidos no barco.
Remata unha semana moi emotiva onde tivo lugar unha grande homenaxe da cidade canadense ás vítimas do naufraxio do pesqueiro galego coa instalación dunha placa cos nomes dos 21 falecidos na traxedia.
Tamén se realizou un acto na basílica. O arcebispo esperou ás familias na porta do templo e os familiares entraron en procesión para realizar unha ofrenda floral no altar maior, á vez que portaban unha pancarta coas caras dos 21 mortos na traxedia.