Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cerimonia final de lembranza das 21 vítimas do Villa de Pitanxo en Terra Nova

Cerimonia final de lembranza das 21 vítimas do Villa de Pitanxo en Terra Nova

As familias pediran a misa en lembranza dos seus achegados e tamén de todos os mariñeiros que perderon a vida no Atlántico

 

G24.gal 22/06/2024 20:37 Última actualización 22/06/2024 21:23

Terceiro acto de homenaxe as vítimas do Villa de Pitanxo, neste caso na catedral de San Xoán de Terra Nova. Foi unha cerimonia íntima con protagonismo para as familias que batallaron durante dous anos en distintas frontes, desde a reivindicativa e testemuñal ata a xudicial.

"Realizouse este servizo a pedimento das familias e ademais nun lugar moi emblemático, que é a catedral de San Xoán, onde tamén se celebrou unha misa xusto o domingo despois da chegada dos restos mortais recuperados tras a catástrofe", aclaraba o embaixador no Canadá, Alfredo Martínez Serrano.

O labor do embaixador foi destacado como clave nestes días nos que se tentaba atenuar a dor de tantos meses.

"A verdade é que un se sente a gusto cando está con esta xente, coas autoridades. A verdade é que non esperaba isto para nada", di o fillo dun falecido, Jonathan Calderón.

Son xornadas para a curación emocional e a esperanza, nas que a memoria do sucedido está moi presente.

Teño sensacións encontradas. Por un lado, é moi triste ter que vir por estes motivos e por outra parte está sendo moi bonito ver como tanta xente nos arroupa desde tan lonxe, desde aquí en Canadá, e que se teña este cariño", explica Juan Antonio Cordero, fillo doutra vítima mortal.

O golpe é aínda máis cruel para aqueles nos que se mesturou o infortunio coa casualidade dunha primeira vez.

"Para min é moi complicado. O meu marido era a primeira vez que ía nun barco e para min é como estar máis preto del, nada máis", lamenta Sonia Cid Vieitez, que perdeu o seu esposo no mar.

En definitiva, son días de acompañamento por parte das autoridades para unhas familias que quedaron rotas aquel 15 de febreiro de 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade