As familias recorren aos créditos ao consumo para afrontar gastos
As familias recorren aos créditos ao consumo para afrontar gastos
Medran un 18 % os créditos ao consumo
Un 9 % dos fogares ten que pedir cartos para poder chegar a fin de mes
O Banco de España informa: están repuntando os créditos ao consumo, os que piden as familias que non chegan a fin de mes. E todo pese a que a renda bruta das familias medrou nos últimos dous anos case un 7 %.
"Houbo subas de convenio, subas salariais, houbo movemento pero non é menos certo que o ano pasado por exemplo a perda de poder adquisitivo coa inflación do 2022 quedou morta. Se temos en conta tamén que temos máis impostos, que non deflatou o tramo do IRPF pois suma, suma, suma, ou mellor dito, resta, resta, resta e polo tanto é perfectamente normal que efectivamente haxa que recorrer a este tipo de créditos", explica María Bastida, economista.
Case un de cada dez fogares ten que pedir cartos para afrontar imprevistos. Non todos recorren aos bancos para pedir cartos.
O informe constata que non só sofren as familias con menos recursos, tamén a clase media que non chega nin sumando ingresos e aforros. Os que os teñen.