Publicador de contidos
Publicador de contidos

As farmacias catalás distribuirán de balde produtos menstruais reutilizables

As farmacias catalás distribuirán de balde produtos menstruais reutilizables

Cada muller poderá recoller o produto que prefira a través dun código QR

Copa menstrual (PEXELS) Copa menstrual (PEXELS)
G24.gal 21/09/2023 12:44

As catalás terán dereito a produtos menstruais reutilizables gratuítos a partir do primeiro trimestre de 2024, unha distribución que levará a cabo a través de farmacias que colaborarán coa medida impulsada polo Govern da Generalitat a través do seu departamento de Igualdade e Feminismos.

Cada muller poderá recoller o produto que prefira -copa menstrual, compresa de tea ou braga reutilizable- a través dun código QR que recibirá na aplicación A Meva Salut.

O Govern, que destina o primeiro ano 8,5 millóns de euros na medida, calcula que arredor de 2,5 millóns de mulleres terán acceso a ela, incluídos homes trans que menstrúen ou persoas non binarias.

A conselleira de Igualdade e Feminismos, Tània Verge, destacou o "ambicioso" da medida e o feito de que Cataluña sexa o primeiro lugar do mundo onde se repartirán gratuitamente produtos menstruais reutilizables.

Para levar a cabo a despregadura, a Generalitat asinou un acordo co Colexio de Farmacéuticos, cuxos puntos de venda colaboradores terán un distintivo na fachada.

O persoal farmacéutico recibirá formación para asesorar e axudar as mulleres ou familiares que non poidan acceder á aplicación ou queiran ampliar información para así asegurar o acceso a toda a cidadanía.

"Non se trata só de repartir produtos, tamén de dar información e asesoramento de calidade e axudar a romper mitos e tabús", destacou a conselleira, quen engadiu: "Nun contexto mundial de ameaza aos dereitos sexuais e reprodutivos, nós dobramos a aposta".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos