Publicador de contidos
Publicador de contidos

As festas do Carme enchen a oferta hoteleira de Marín

As festas do Carme enchen a oferta hoteleira de Marín

Á festividade local súmase o acto da entrega de Reais Despachos aos novos oficiais na Escola Militar de Marín

Este ano contará por primeira vez coa presenza da princesa Leonor.

G24.gal 08/07/2024 14:37

A da festividade do Carme é, sen dúbida, a semana de maior demanda turística do ano en Marín.  

Os actos das festas son un grande atractivo que se suma á chegada habitual dos turistas na época estival. A demanda aínda se incrementa máis polos actos que se celebran na Escola Naval Militar o dezaseis de xullo, coa xura de bandeira dos alumnos de primeiro curso e a entrega de Reais Despachos aos novos oficiais da Armada española. 

O acto contará por primeira vez coa presenza da princesa Leonor na Escola Naval, onde se incorporará a principios do próximo curso para continuar coa súa formación militar. 

A oferta hoteleira de Marín queda curta para acoller tantos visitantes que buscan aloxamento nos establecementos da contorna, que tamén rexistran un importante aumento das reservas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar