As grandes industrias piden máis axudas contra os altos prezos do gas
As grandes industrias piden máis axudas contra os altos prezos do gas
As grandes industrias din que se enfrontan a unha crise sen precedentes polo prezo do gas e piden axuda. A factoría de Alcoa, en San Cibrao, xa anunciou que reducirá ata un 50% a produción de alúmina polos elevados prezos do gas.
Industrias como a alimentaria, a química ou a papeleira teñen unha alta demanda de gas para producir. E o prezo do gas disparouse no último ano.
"O prezo multiplicouse por cinco, por seis", asegura Verónica Rivière, presidenta de GasIndustrial.
Por iso piden axuda. O Goberno central habilitou paquetes de subvencións, pero cren que non abondan.
"A Unión Europea habilita os estados membros para despregar paquetes de axuda de ata dous billóns por empresa", sinala Rivière.
E tamén piden medidas estruturais, como un estatuto de consumidores gasintensivos con bonificacións como as que teñen os electrointensivos. Pero xa advirten: se non é viable asumir a factura do gas, paran.
Para agosto xa chegou un anuncio: Alcoa vai reducir ata o 50 por cento a actividade da refinería de alúmina para mitigar as perdas polo prezo do gas natural.