Publicador de contidos
Publicador de contidos

As lapas avanzan no Courel cara á zona de maior valor natural

As lapas avanzan no Courel cara á zona de maior valor natural

O lume calcinou unhas 9.000 hectáreas entre Folgoso e A Pobra do Brollón

Félix Aragunde 20/07/2022 14:00

O lume non dá tregua no Courel, que continúa a arder por sétimo día. O incendio que asola a zona arrasou xa unhas 9.000 hectáreas mentres as lapas avanzan cara ao norte en dirección á Devesa de Rogueira, a zona de maior valor natural.

Folgoso do Courel, o principal núcleo de poboación da zona, quedou rodeado polas lapas e polo fume. Tras ser desaloxado, os veciños están a volver á vila. 

No resto da provincia de Lugo, están estabilizados ou controlados outros sete incendios. A maioría atópanse nos Ancares, onde arderon unhas 250 hectáreas. Outra comarca afectada é a da Ulloa, con máis de 400 hectáreas calcinadas en Palas de Rei e en Antas de Ulla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade