Publicador de contidos
Publicador de contidos

As lapas calcinan por completo un camión na A52

As lapas calcinan por completo un camión na A52

O condutor non quedou ferido e puido saír polo seu pé

G24.gal 24/06/2024 22:23 Última actualización 24/06/2024 22:43

Un camión accidentouse este luns na A52. O suceso ocorreu preto das nove e media da noite á altura da saída 240 cara a Barbantes.

O vehículo incendiouse e as lapas calcinárono por completo.

Por sorte, o condutor non foi ferido e puido saír polo seu propio pé. Mesmo intentou apagar o lume cun extintor.

Ata a zona acudiron tres dotacións de bombeiros.

O sinistro non afectou o tráfico rodado, xa que o camioneiro puido saír da estrada e deixar o vehículo na beiravía.

O camión transportaba pezas de automoción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade