Cargando resultados...
As lapas calcinan unha vivenda no concello de Antas de Ulla
As lapas calcinan unha vivenda no concello de Antas de Ulla
Non houbo que lamentar danos persoais
O lume reavivouse cando se daba por extinguido
G24.gal
25/12/2021 11:51
Unha casa do concello de Antas de Ulla amenceu este Nadal completamente calcinada. Un incendio devorou por completo a vivenda da parroquia de Santa Mariña do Castro de Amarante. Por sorte, os danos son só materiais.
Durante varias horas da tarde e da noite deste venres, os servizos de emerxencias traballaron arreo para conter as lapas.
Candoxa se dera por extinguido, un veciño alertou de que se reavivara o lume polo que Bombeiros de Chandata e integrantes do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Monterroso tiveron que regresar. Tamén prestaron axuda axentes da Garda Civil.