As luces de Nadal enchen Vigo de turistas na ponte festiva
As luces de Nadal enchen Vigo de turistas na ponte festiva
A ocupación hoteleira na cidade está ao completo dende hai meses
Inaugurado o barco de nadal, unha iniciativa da navieira Mar de Ons. Viaxes nocturnas pola ría para grandes e pequenos nun ambiente navideño
Pouco antes do acendido de Nadal, aínda coas luces do día, o centro de Vigo xa é un fervedoiro de xente.
Atopamos a moitos turistas que pasan a ponte festiva en Vigo que estes días ten unha ocupación hoteleira do cen por cento.
No mercado de Nadal, situado na Alameda, tamén atopamos moita xente.
A noria é un dos grandes atractivos e os que deciden subirse saben que hai que agardar con paciencia a súa quenda.
E mentres a noria xira, noutro punto da cidade, é dicir, no peirao, este barco da navieira Mar de Ons, adornada para ocasión, prepárase para zarpar cun cento de pasaxeiros nunha travesía nocturna pola ría.
É outro atractivo máis para este Nadal en Vigo. Para moitos, todo un espectáculo de luz e son, que hai que inmortalizar ben a través dos nosos móbiles ou cun baile na mellor das compañas.