Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mandas de xabarís volven ao barrio ferrolán de Canido

As mandas de xabarís volven ao barrio ferrolán de Canido

O presidente da asociación veciñal asegura que son exemplares grandes e pídelles ás autoridades locais que tomen medidas

G24.gal 02/04/2023 19:01

Despois dun tempo sen ver xabarís polo barrio ferrolán de Canido, as mandas volven formar parte da paisaxe habitual.

"Hai un mes, case dous, a veciñanza volve encontrarse con eses exemplares e, segundo parece, son ben grandes. Algunha veciña comentaba que se cruzou cuns XXL, bichos bastante grandes", asegura Roberto Taboada, presidente da asociación veciñal de Canido.

Estes animais salvaxes causan estragos nas leiras privadas que aínda hai nesta zona da cidade, nos parques públicos e, sobre todo, inseguridade nun barrio en que reside un gran número de persoas maiores.

"Unha poboación maior que pasea polo barrio e que deixou de facelo por mor de atoparse con estes grupos de xabarís. Tamén a xente que ten can ten medo porque cos cans os xabarís teñen sempre incidencias", explica.

Queren tranquilidade e que as autoridades tomen medidas para limitar a proliferación desta fauna.

"Noutros lugares poñen comedeiros con anticonceptivos para regular a reprodución, úsanse ultrasóns ou materiais olorosos", engade.

Tamén reclaman ao Concello información sobre cantos xabarís se capturaron nas gaiolas instaladas en distintos lugares do barrio, nas que se investiron 18.000 euros. Nestes momentos están en proceso de renovación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade