Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preocupación entre os apicultores polos sucedáneos de mel e as importacións de fóra da UE

Preocupación entre os apicultores polos sucedáneos de mel e as importacións de fóra da UE

Celebrouse en Lalín a cuarta Feira Internacional de Apicultura

O encontro reuniu técnicos e empresas relacionadas co mundo das abellas, pero tamén houbo espazo para a divulgación e as catas

G24.gal 02/02/2025 19:30

Cos últimos talleres de degustación de queixo e catas de hidromeles, rematou en Lalín a cuarta Feira Internacional de Apicultura. Medio cento de expositores chegados desde outras comunidades autónomas e de Portugal, Grecia e Italia amosaron os seus produtos e técnicas  relacionadas co mundo das abellas.

"Todos os anos centramos o protagonismo da feira nun produto e este ano tocou no pole, ano pasado foi o hidromel, para dar a coñecer os produtos das abellas. Temos o mel, temos o pole, a xelea, o própole, o veleno...".

O sector non pasa por un bo momento, segundo os apicultores. Resúltalles cada vez máis difícil combater a varroa, a praga máis importante da abella, sofren os danos causados pola velutina e o cambio climático. E preocúpalles moito a importación de meles de fóra da Unión Europea.

"Moitas veces hai dúbidas de se é mel ou se son mesturas de azucre e outras cousas. Aí hai unha competencia desleal, porque non nos piden as mesmas cousas. A nós pídennos un benestar animal, unha serie de tratamentos, por suposto están prohibidos os antibióticos. E os prezos, o que nos custa producir un quilo de mel non ten nada que ver co que custa neses países".

Para non comprar mel falso, aconsellan adquirir o que leva a contratetiqueta Mel de Galicia, que garante que é mel natural, cen por cento galego e de calidade contrastada. Así apóiase a polinización e a biodiversidade e tamén os apicultores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade