Cargando resultados...
Éxito da III edición da poxa do gando frisón de Friol
Éxito da III edición da poxa do gando frisón de Friol
Vendéronse todos os animais, a unha media de 3.147 euros cada un
G24.gal
25/01/2025 14:43
Friol celebrou este sábado a terceira poxa do gando frisón. Un evento no que se venderon os 16 animais que se ofertaron e no se que se xerou unha transación económica que superou os 50.000 euros.
Na poxa chegáronse a pagar ata 5.000 euros por unha vaca, que foi para unha gandeiría de Vilasantar.
A poxa do gando frison está organizada polo Concello de Friol en colaboración con Africor Lugo, que son os responsables da selección dos animais, das probas sanitarias, pelado dos animais, coidado e posterior realización da poxa.