Publicador de contidos
Publicador de contidos

As manifestacións da Diada acusan a división do independentismo

As manifestacións da Diada acusan a división do independentismo

A marcha de Barcelona xunta 62.000 participantes, a metade que o ano pasado

O Goberno de Illa defende: "A política de consenso únenos como nación"

Antón Montero 11/09/2024 19:30 Última actualización 11/09/2024 21:01

Había 14 anos que Cataluña non celebraba unha Diada sen un presidente independentista. O goberno de Salvador Illa aproveitou a ofrenda a Rafel Casanova para celebrar o consenso.

"Demostramos ao longo dos séculos da nosa historia que o traballo discreto, o consenso e a construción dun proxecto común nos une e nos fortalece como nación", dixo a voceira do Govern, Silvia Paneque.

Ao mesmo lugar chegaba a plana maior de Esquerra entre algúns apupos e sen os seus líderes, enleados polo control do partido. Os republicanos defendían a súa aposta por investir o socialista a cambio dun financiamento singular.

Para Juli Fernàndez, secretario xeral adxunto de ERC: "O camiño é absorber máis espazos de poder político, porque estamos convencidos de que desta maneira teremos mellores condicións materiais para alcanzar a independencia".

Con Junts estivo Aitor Esteban, do PNV. Na manifestación de Barcelona, os de Puigdemont chamaban a retomar as mobilizacións pola independencia.

"Creo que é unha Diada para reafirmarnos, porque aquí hai moitos ilusos que deron por enterrada unha cousa que non o está", subliñaba Jordi Turull, secretario xeral de Junts.

Sete entidades independentistas convocaron marchas deste ano. Fixérono de xeito descentralizado, en cinco cidades catalás e baixo o lema "Volvemos ás rúas".

Rota a fronte común do independentismo, a manifestación de Barcelona xuntou, segundo a Garda Urbana, 62.000 participantes, a metade que o ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade