Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mariscadoras de Lourizán volven ao traballo seis meses despois

As mariscadoras de Lourizán volven ao traballo seis meses despois

As enchentes do pasado inverno mataran a maioría do produto

Todas elas conseguiron apañar no seu primeiro día o tope de cinco quilos

Mariscadoras en Lourizán, na ría de Pontevedra
G24.gal 22/07/2024 16:09

Despois de seis meses, as mariscadoras de Lourizán volvían ao traballo. No inverno, as enchentes mataran a maioría do produto. Na mañá do luns, sen saber se habería ameixa, camiñaban cara ao medio da ría cruzando os dedos.

Unha hora despois, volvían para terra e todas conseguiran apañar o tope de cinco quilos. É o resultado de seis meses de sufrimento e de traballo: arando na area, remexendo os fondos, loitando contra os depredadores, trasladando marisco.

O día seguinte volverán ao traballo, coa esperanza de que sexa de certo unha volta á normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade