Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comisados case 380 quilos de polbo e máis de 2.000 nasas entre o cabo Silleiro e A Guarda

Comisados case 380 quilos de polbo e máis de 2.000 nasas entre o cabo Silleiro e A Guarda

Os axentes non puideron identificar os autores desta infracción e todo o produto foi devolto ao mar

G24.gal 29/04/2025 17:39

O Servizo de Gardacostas da Xunta comisou 377 quilos de polbo ilegal, entre as que había 28 femias ovadas, e máis de 2.000 nasas entre o cabo Silleiro e A Guarda nun operativo contra o furtivismo o pasado luns.

Para esta operación "de grande envergadura", o servizo autonómico tivo que mobilizar catro embarcacións: Mar de Galicia, Punta Roncadoira, Irmáns García Nodal e Valentín Paz Andrade. Os axentes non puideron identificar os autores desta infracción e todo o produto foi devolto ao mar.

A Consellería do Mar destaca que "se continúa traballando na detección e retirada destes aparellos irregulares que poñen en risco a conservación deste prezado recurso pesqueiro".

Galicia atópase no mes de parada biolóxica do polbo, ao que seguirán outros dous meses de veda co fin de preservar o recurso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade