As mellores festas e concertos para gozar da ponte de agosto en Galicia
As mellores festas e concertos para gozar da ponte de agosto en Galicia
O San Roque en moitas vilas, a Festa da Auga de Vilagarcía e as Festas da Peregrina son algunhas das celebracións máis destacadas da semana
No eido musical destaca o concerto de Melendi en Vigo
Festas
● San Roque e Festa da Auga en Vilagarcía. As festas patronais traen unha extensa programación de actividades, verbenas e concertos desde este mércores 14 ata o 25 de agosto. O evento máis destacado é a festa da auga, cuxo día principal é o venres 16, aínda que comeza a celebrarse desde a noite anterior.
● Festas do Verán en Ferrol. Arrincan o sábado 17 co concerto de Cadena 100, e contarán cunha programación ateigada de música e diversión ata o sábado 31 de agosto.
● Festas da Peregrina en Pontevedra. As festas afrontan a súa recta final ata o luns 19 con concertos, verbenas, atraccións, actividades moi variadas, procesións, a segunda fin de semana das peñas e dúas tiradas de fogos de artificio: unha o xoves e outra o domingo.
● Festas de María Pita na Coruña. Continúan as festas na cidade herculina. O venres celebrarase ás 23:30 a batalla naval no paseo de Riazor-Orzán, mentres que o sábado e o domingo haberá actuacións da Sinfónica de Galicia e da Banda Municipal da Coruña.
● San Roque de Betanzos. Contan cunha programación moi variada, no que destaca o lanzamento do Globo o venres 16 contra a medianoite e os Caneiros, que teñen a súa primeira xira fluvial este domingo 18.
● San Roque de Melide. Este ano contarán entre os mércores 14 e 21 coas maiores orquestras de Galicia e os concertos de Celtas Cortos e Tanxugueiras.
● San Roque de Sada. Xa comezaron, e contarán con maxia, verbena, concertos, festas infantís, unha sardiñada e unha sesión de fogos de artificio ata o domingo 18.
● Nosa Señora e San Roque en Cervo. Verbenas, procesións e gastronomía entre o mércores e o venres para culminar coa Queimada Popular de Cervo o sábado 17 de agosto.
● Festas Patronais de Monforte de Lemos. Durarán ata o venres 16 de agosto, contarán con dúas tiradas de fogos de artificio e concertos como os de Álvaro de Luna e La La Love You.
● Festa Corsaria en Marín. O sábado 17 de agosto a vila regresa ao ano 1800 para rememorar a famosa batalla de Aguete. Disfraces, mercado, cetrería, esgrima, tiro con arco e moito máis.
● Qui-Roma en Quiroga. O sábado 17 volverán enfrontarse castrexos contra romanos.
● Festa Gastronómica do Mar na Illa de Arousa. Unha ampla variedade de pratos por prezos populares entre o xoves 15 e o domingo 18.
● Festa dos Callos de Limiaos e da Carretada en Lobios. Gastronomía, feira de artesanía, festa na piscina, cine na rúa e carreira de carretas o domingo 18.
Festivais e Concertos
● Concertos de Castrelos. O auditorio ao aire libre de Vigo acollerá os seguintes concertos esta semana:
-
Víctor Manuel, mércores 14 ás 22:00 horas.
-
Vetusta Morla e Xoel López, venres 16 ás 22:00 horas.
-
Melendi, sábado 17 ás 22:00 horas.
● Costa Feira. Esta fin de semana actuarán no festival de Sanxenxo Loquillo, o xoves 15 e Claptone, o sábado 17.
● Nachiños Fest. Acompañará o inicio das festas do verán de Ferrol, entre o venres 16 e o sábado 17 e nel estarán:
-
Pignoise, Ortiga, Carlangas y los Cubatas, Karavana, Blackpanda, Carlos Ares, Catuxa Salom, Futuro Alcalde, Souler e Señora DJ.
● Festival Irmandiño. Xogos tradicionais, visitas ao castelo e moita música o sábado e o domingo:
-
Nimbos, Xabier Díaz e Abufeiras de Salitre, Loita Amada, Faíscas da Pontraga, A Banda das Crechas e No Cómbaro.
● Nil Moliner (mércores), Shinova (xoves), Mondra (venres) e Fillas de Cassandra (sábado), nas festas da Peregrina en Pontevedra.
● Celtas Cortos o mércores 14 e Tanxugueiras o sábado 16 en Melide.
● Álvaro de Luna o xoves 15 e La La Love You o domingo 16 en Monforte.
● Guadi Galego cantará na súa vila, Cedeira, o venres 16 ás 22:00 horas.
● Ventiuno estará en Ferrol o domingo 18 de agosto ás 22:00 horas.