As mellores festas e concertos para gozar da ponte do Apóstolo en Galicia
As mellores festas e concertos para gozar da ponte do Apóstolo en Galicia
As festas patronais de Santiago e o Morriña Fest, dous dos eventos máis destacados da semana
Festas tradicionais:
● Festas do Apóstolo Santiago. A festa do verán en Compostela estenderase durante toda a semana. Na noite do mércores 24 botarán os fogos de artificio desde tres puntos da cidade.
● Festas do Apóstolo en Arteixo. Actuacións musicais de todo tipo, misas, fogos de artificio, maxia e máis actividades ata o domingo 28 de xullo.
● Festas do Apóstolo e do Churrasco en Covelo. Procesión, música e gastronomía entre o mércores 27 e o xoves 28.
● Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. O festival, que xa comezou a pasada semana, contará con espectáculos ata o sábado 27 de xullo.
● Festas do Carme e a Fraga nas Pontes de García Rodríguez. Chegan á súa fin este xoves 25 coa misa do Apóstolo, unha sesión vermú e o DJ Álex Romero.
● Festa do Carneiro ao Espeto. Leva todo o mes ofrecendo actividades en Moraña, e non podía ser doutro xeito esta semana, na que conclúe co seu día grande o domingo 28, con verbenas, o tradicional xantar do carneiro e máis actividades.
● Festa da Sardiña en Teis. Festa gastronómica amenizada con fogos e actuacións musicais.
● Festa do Percebe de Aguiño. A parroquia de Ribeira celebra esta festa gastronómica o domingo 28 de xullo.
● Festa da Exaltación da Navalla. Encontro gastronómico en Vilanova de Arousa entre o xoves e o domingo.
● Festa do Peixe Espada na Guarda. Gastronomía e todo tipo de actividades do 26 ao 28 de xullo.
● Festa do Cochiño en Cerceda: Gastronomía, inchables, fogos e verbenas este sábado.
● Festa do Tinto Rías Baixas nas Neves. Catas e actuacións os días 24 e 25.
● Equina de Silleda. O certame dedicado aos cabalos celebrarase entre o venres e o domingo.
● Feira das Marabillas na Coruña. Entre o mércores 24 e o domingo 28 o casco histórico da cidade contará cunha feira medieval ateigada de postos e actividades.
● Mercado Medieval en Corcubión. Festa de época entre o venres e o domingo.
● Oenach Atlántico en Narón. A vila volverá á época castrexa e contará cunha extensa programación de actividades desde o venres ata o domingo.
● Feira Modernista de Sada. A vila viaxará ao século XIX entre o venres 26 e o domingo 28.
● Mostrart na Coruña. Esta feira de artesanía cuns 70 postos comezará este sábado 27 e estará aberta durante un mes.
Concertos e festivais
● Morriña Fest. O festival da semana reunirá 23 artistas do panorama nacional e internacional os días 27 e 28 de xullo na Coruña.
-
Louis Tomlinson, Editors, Nicki Nicole, Aitana, Lola Índigo, Yandel, Juan Magán, Iván Ferreiro, Sen Senra, La La Love You e Íñigo Quintero, entre outros.
● Festival SinSal. Como cada ano, o seu cartel será sorpresa, para descubrilo haberá que acudir á Illa de San Simón entre o venres 26 e o domingo 28 de xullo.
● Costa Feira. O festival de Sanxenxo comezará polo alto en Sanxenxo cos concertos de Black Eyed Peas e Malmö 040 este mércores 24 e de Andrés Calamaro e Inazio este xoves 25.
● Castelo Rock. Festival en Muros os días 26 e 27:
-
Koma, The Last Internationale, Misconduct, The Baboon Show e máis bandas.
● Armadiña Rock. O festival de Combarro celebrarase entre o venres 26 e o domingo 28:
-
Dios Ke Te Crew, The Skarnivals, Festicultores, Quinkillada, Lontreira e máis artistas.
● Arbo Rock. Rebeliom do Inframundo, Dakidarría, Koma e Talco, entre outros.
● Festival Intercéltico do Morrazo. En Moaña, xunto coa mostra de artesanía A Moa, ata o domingo 28 de xullo:
-
Xavier Blanco en Raíz, Obal, Mercedes Peón, Xarabal e máis artistas.
● Festival TerraCeo, no auditorio mar de Vigo:
-
Los Estanques: venres 26 ás 21:00 horas.
-
Ziggy Alberts: sábado 27 ás 21:00 horas.
● Festigal. A Alameda de Santiago contará cunha serie de actividades moi variadas, como a feira do libro, unha exhibición de esgrima e, como non podía ser doutro xeito, concertos:
-
Mércores 24: Filloas, De Ningures, Mondra e Rebeliom do Inframundo.
-
Xoves 25: Donicelas, Pava con Lucía Aldao e DJ Misa.
● Rumboia Viva. Artistas como Grande Amore, Familia Caamagno, Lontreira ou Mondra daranse cita en Abadín o sábado 27.
● Son do Mar Festival: concerto de Camela o mércores 24 ás 22:30 e monólogo de Ángel Martín o domingo 28 no Grove
● Chris Isaak cantará o mércores 24 ás 21:00 na Coruña como parte do ciclo de concertos CoruñaSounds.
● Luz Casal actuará este mércores 24 ás 22:00 na Coruña.
● Sen Senra dará un concerto no auditorio de Castrelos en Vigo este xoves 24 ás 22:00.