Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mellores festas e festivais da fin de semana en Galicia

As mellores festas e festivais da fin de semana en Galicia

O Portamérica e Ed Sheeran no Gozo Festival serán os pratos fortes da semana no musical

O Asalto ao Castelo de Vimianzo e a Festa da Langosta na Guarda son outras dúas celebracións que non te podes perder

Imaxe de arquivo de Ed Sheeran (Europa Press) Imaxe de arquivo de Ed Sheeran (Europa Press)
G24.gal 04/07/2024 11:00

Festas tradicionais:

● Asalto ao Castelo de Vimianzo: O venres e o sábado esta vila da Costa da Morte viaxa a Idade Media para revivir a Guerra Irmandiña. Haberá unha cea medieval, petiscos irmandiños e música por parte de artistas como Manu Chao ou Mondra.

● Festa da Lagosta na Guarda: O actor Luis Zahera lerá o pregón para abrir a festa deste molusco, que se celebrará entre o venres e o domingo. Ademais de gozar da comida e a música, os asistentes terán a posibilidade de saír navegar e participar nun xogo de escape.

● Percebe do Roncudo de Corme: Festa gastronómica dedicada ao percebe en Ponteceso, que se celebrará o domingo 7. Estará amenizada por unha serie de actividades e actuacións musicais.

● XLI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo en Cangas. Continúa o festival de teatro de Cangas, co humor como elemento principal ata o día 7 de xullo.

● Pan de Cea: A festa ideal para degustar o pan de Cea o día 7 de xullo. Tamén contará coa Ruta dos Fornos, na que probar pinchos e viño o día anterior. Ademais, a festa contará con actuacións musicais de La Noria, Los Camachuelos e a disco móbil LB.

● Rapa das bestas de Sabucedo. A tradicional marca dos cabalos estará acompañada de festivais de música e verbenas.

● Virxe dos Remedios e San Cristovo de Goián. Oficios relixiosos e verbenas en Tomiño, nunha festa na que están presentes, entre outros, Panorama, Fórmula e América.

● Cereixas de Paiosaco: Festa gastronómica amenizada por música e con fogos de artificio o 7 de xullo no concello de Laracha.

● Mercado Renacentista de Viveiro. A tradicional feira de artesanía celebrarase entre este xoves e este domingo.

● Festas de Boiro. Verbenas e concertos desde o venres 5 ata o mércores 10 de xullo.

● Virxe da Consolación de Coia. Festa cargada de verbenas en Vigo entre o venres 5 e o mércores 10 de xullo, con tirada de fogos este sábado.

Entroidos de verán en Fisterra e en Salceda de Caselas. Disfraces e moita diversión o venres 5 en Salceda e o Sábado 6 en Fisterra. Ambas as celebracións contarán con animacións musicais.

 

Festivais:

● Portamérica: Ata 32 artistas daranse cita en Portas desde o xoves 4 ata o sábado 6:

- Podes seguir en directo desde AGalega.gal os concertos de: Xoel López, Los Acebos, Mondra, Guadi Galego, Toquiño, Galician ArmyStandstill, Adrian Timms, Caloncho, Shinova, The Rapants, Técnicas y procedimientos e Arde Bogotá.

- Tamén estarán Aitana, Vetusta Morla, Juanes, Lit Killah, Marilia Monzón e moitos máis artistas.

● O Gozo Festival: O sábado 6 en Santiago Ed Sheeran será cabeza dun cartel no que tamén estarán: Bomba Estéreo, Milky Chance, Mon Laferte, Angelina Mango e Fillas de Cassandra

● Festival do Pasatempo: 5 e 6 de xullo en Betanzos:

- Andrés Suárez, Paula Mattheus, Bustamante e Sabela.

● Rompetiño Jump: en Porto do Son do venres 5 ao domingo 7:

- La Zowi, Kaydy Cain, Jarfaiter, Kaze, Al Safir, Denom, Dirty Suc, Selecta e moitos máis.

● Atlantic Pride: O festival do Orgullo da Coruña comeza o día 7 e estenderase ata o 14 de xullo:

- Este domingo: Eris Mackenzie, Eme DJ e Supreme de Luxe.

● Rock in Rio Tea: 5 e 6 de xullo en Ponteareas:

- Sôber, Savia, Skizoo, Los Zigarros, Vimbio, Bala, The Mün, Alteanos, CDM e DJ Oscuro

● Alén Metal Fest: en Vilagarcía este domingo 7 de xuño:

- Onslaught, Okkultist, Raze, Brutal, Savaged.

● Marín Dance Festival: Dasoul e DJs: Carlos López, Adrián Gold e Víctor Rivas.

Senda Fest: 5 e 6 de xullo de balde en Pontevedra. 

- Reflex Blue, Heels and Souls, Jd Dislexia, Certain People, Yahaira e máis artistas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar