As mellores festas e festivais da fin de semana en Galicia
As mellores festas e festivais da fin de semana en Galicia
A Feira Franca en Pontevedra e as Meninas de Canido en Ferrol son algúns dos eventos máis destacados
No eido musical destacan os festivais Osa do Mar e Recorda Fest
● Feira Franca en Pontevedra. A cidade do Lérez volverá á Idade Media esta fin de semana. O acto de apertura será o venres e contará cun pregón a cabalo e actuacións pola rúa, mentres que o día grande será o sábado, cando se poderá visitar o mercado, gozar das numerosas recreacións históricas, da esgrima, do tiro con arco e dos torneos medievais.
● Meninas de Canido en Ferrol. Festival de arte urbana en que gozar dos novos murais que decorarán o barrio, do mercado creativo e dunha ampla programación musical, entre o venres 6 e o domingo 8 de setembro.
● Queima das Fachas de Castelo. O sábado 7 de setembro queimaranse as fachas no castro da parroquia taboadesa, onde os asistentes tamén poderán comer polbo e carne e gozar das actuacións musicais.
● Nosa Señora dos Miragres de Caión en Laracha. Ademais dos actos relixiosos, haberá sesión vermú e verbena todos os días ata o domingo 8.
● Festas Patronais de Ribadeo. Actividades para todas as idades e verbena todos os días ata o domingo 8 de agosto, ademais dos descontos nas atraccións o día seguinte. Este sábado 7 será a tirada de fogos de artificio.
● Os Remedios en Ponteareas. As festas patronais da vila comezarán o venres 6 de setembro co pregón de Roberto Vilar e contarán coa súa feira tradicional, co Festival Folclórico do Condado e con moita música ata o domingo 8.
● Festas do Portal en Ribadavia. Entre o venres 6 e o luns 9 de setembro ofrecerán á vila unha grande oferta musical con DJ, verbenas, bandas e concertos, ademais da confección da alfombra floral e os fogos de artificio, entre outras actividades.
● Festas Patronais de Fisterra. Procesións terrestres e marítima, un campionato de futbolín, xogos infantís e verbena desde os días 6, 7 e 8 de setembro.
● Festival Internacional de Cinema de Bueu. Os amantes da pantalla grande teñen unha cita obrigada en Bueu desde este venres 6 e o sábado 14 de decembro. Ao longo da semana haberá proxeccións, coloquios con personalidades do mundo do cine e outras actividades.
● Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán en Santiago. Arrinca este sábado coa representación de Entrañas negras polo grupo Disfunción Continua e continúa o sábado con Un mal día teno calquera, do Teatro de Cámara DITEA.
Festivais
● Osa do Mar. O festival de Burela contará este ano con máis de 20 artistas, ademais da retransmisión en directo de O Faiado Podcast e da presentación do libro Galicia musicalidade, entre o venres 6 e o domingo 8:
-
Iván Ferreiro, Tanxugueiras, The Rapants, Mondra, Capital Voskov, Basquiat, Grande Amore e Amigxs, Futuro Alcalde, Las Petunias, Luis Fercán e máis artistas.
● Recorda Fest. A coruña contará cun dos grandes eventos da semana con artistas do panorama nacional:
-
Álvaro de Luna, Amaral, La Oreja de Van Gogh, Coti, Maldita Nerea, Marlon, Sidecars, Sidonie, Besmaya e Fran Perea, entre outros.
● Rock in Rian. Festival de música en Rianxo acompañado de espectáculos pola rúa, proxeccións audiovisuais, presentacións literarias e un concurso de bandas emerxentes. Entre o venres 6 e o sábado 7 de setembro:
-
Kaotiko, Sés, Lamatumbá, Skabidean, Mondra, Dios Ke Te Crew, Alamedasoulna e máis artistas.
● Festival Terraceo en Vigo. The Tallest Man on Earth pechará o festival o sábado 7 de setembro ás 21:00 horas.