Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mellores festas e festivais da primeira fin de semana de agosto

As mellores festas e festivais da primeira fin de semana de agosto

A Festa do Albariño de Cambados, a Romaría Vikinga de Catoira e o inicio das Festas de María Pita na Coruña son as protagonistas

O SonRías Baixas, o Reggaeton Beach Festival e o concerto de Aitana en Vigo son os eventos musicais máis destacados

Imaxe de arquivo da Romaría Vikinga de Catoira (Europa Press)
G24.gal 31/07/2024 20:11 Última actualización 31/07/2024 20:28

Festas tradicionais:

O Albariño en Cambados. Unha das grandes festas do verán, na que ata este domingo non faltará o viño. Ademais contará cunha programación ateigada de actividades e música, con artistas como Bryant Myers, Recycled J e Hard GZ, entre outros.

Romaría Vikinga de Catoira. Os viquingos comezarán a festa o venres, pero non será ata este domingo cando desembarquen para celebrar o seu día grande. Contará con concertos como os de Fillas de Cassandra e Rebeliom do Inframundo.

Festas de María Pita na Coruña. Arrincan este xoves co pregón de Lucas Pérez e o concerto de Kate Ryan e estenderanse ao longo de todo o mes de agosto na cidade herculina. O venres serán os concertos de Mocedades e Los Panchos, e o sábado será a quenda de Los Planetas.

Festas do verán de Ribeira. Durante toda a fin de semana haberá atraccións, espectáculos musicais como o Ribeira Urban Fest, verbenas, e o domingo representarase a batalla naval e botaranse fogos de artificio.

Mostra da Olería de Buño. A localidade malpicá celebra a súa tradicional feira de artesanía entre o xoves 1 e o domingo 4 de agosto.

Mostra Folclórica Internacional en Viveiro. Agrupacións de danza e música dos cinco continentes, reunidas entre o xoves 1 e o domingo 4 de agosto.

Festival Folclórico do Emigrante en Barreiros. Unha agrupación de danza da Arxentina, unha de Casaquistán e outra galega, reunidas o sábado 3 de agosto.

Festas do Carme de Lorbé. Verbena e gastronomía entre o xoves e o domingo nesta localidade do concello de Oleiros.

Festa Hortera en Porto do Son. Música, fogos, carreiras de tacóns e moita diversión na festa dos anos 60, 70 e 80, entre o venres e o sábado.

Festa do pemento da Arnoia. Festa gastronómica amenizada con verbena, DJ e outras actividades entre o venres e o domingo.

Festas da Anunciada en Baiona. Entre o venres 2 e o luns 5 con verbenas todos os días. O sábado haberá procesión, a tradicional Danza das Espadas e fogos de artificio.

Festa do Longueirón e Encontro Pirata en Fisterra. Para gozar desde molusco e do desembarco pirata, amenizada por discos móbiles, o sábado e o domingo.

Festa do Pemento de Herbón en Padrón. A ocasión ideal para degustar estes pementos é o sábado 3 de agosto.

Feira do Bonito de Burela. Festa gastronómica o sábado e o domingo na vila mariñeira.

Romaría da Tortilla de Laro (Silleda). Festa gastronómica o sábado 3 de agosto.

 

Festivais:

SonRías Baixas. Bueu acollerá entre o xoves 1 e o sábado 3 de agosto un festival con 25 artistas entre os que se atopan:

  • La Oreja de Van Gogh, Álvaro de Luna, La La Love You, Rozalén, Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, Rayden, The Rapants, Ginebras, Grande Amore, Sabela, etc.

Reggaeton Beach Festival. Un dos festivais máis destacados dos últimos anos celébrase en Nigrán o sábado e o domingo.

  • Anuel AA, Saiko, El Alfa, Ryan Castro, De La Ghetto, Nio García e máis artistas. 

Concertos de Castrelos: Luz Casal actuará en Vigo o venres 2, e Aitana o farao o sábado 3 de agosto, de balde excepto na platea.

Costa Feira. Fin de semana de concertos no festival de Sanxenxo coas actuacións de Mëstiza o venres e de Hombres G e Pavlenha o sábado.

Festival de Pardiñas en Guitiriz. Sábado e domingo contará con mostras de artesanía e instrumentos musicais, ademais das actuacións de grupos e artistas como Ailá, Gwendal e Arouze, entre outros.

Festival Mar Aberto en Muxía. Celebrarase fronte ao mar, no faro Punta da Barca, o venres 3 e o sábado 4 de agosto.

  • Mercedes Peón, Mondra, Budiño, Zeltia Irevire, Señora DJ, e Rapariga DJ

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade