Estas son as mellores festas e festivais da última fin de semana de agosto
Estas son as mellores festas e festivais da última fin de semana de agosto
A Festa da Istoria de Ribadavia e a Romaría de Santa Margarida na Coruña son algúns dos eventos máis destacados
● Festa da Istoria en Ribadavia. A vila ourensá regresa á época romana entre o venres 30 de agosto e o domingo 1 de agosto.
● Romaría de Santa Margarida na Coruña. As festas de María Pita despídense esta fin de semana por todo o alto con moita música, obradoiros para todas as idades e fogos de artificio entre o xoves e o domingo.
● Festas do verán de Ferrol. Continúan ata o sábado 31, día no que haberá fogos, un espectáculo con drons, unha concentración de vehículos clásicos, verbena e festa infantil. Antes diso, o xoves estará a París de Noia en Caranza e o venres celebrarase o Festival Rock en Canido.
● Romaría da Nosa Señora da Lanzada en Sanxenxo. O sábado 31 será o día da procesión e dos fogos artificiais e a romaría continuará o domingo 1 de setembro, con máis misas e verbena.
● Festas do Cristo en Cangas. Concertos, verbenas e DJ ata o sábado 31 de agosto.
● Festa dos Callos en Salceda de Caselas. A trixésima edición desta cita gastronómica prepara 20.000 racións para servir o domingo 1 de setembro. Ademais, contará con outras actividades desde este xoves.
● Lugnasad de Cedeira. A vila acollerá a celebración das tradicionais vodas polo rito celta. Ademais, haberá un mercado medieval e un certame de personaxes de lenda, ao que ir vestido como o teu personaxe de época favorito.
● Festa da Anguía e Mostra da Caña do País en Valga. A ocasión idónea para degustar as tapas de anguía e os cócteles de caña é o sábado 31, día no que tamén haberá verbena e espectáculo de fogos e luces.
● Festas Patronais de Ribadeo. Arrincan este venres coa lectura do pregón, que deixará paso á noite dos DJ do sábado e ao Día da Bicicleta, a sesión vermú e o concerto de Caamaño & Ameixeiras do domingo. As festas estenderanse ata o luns 9 de setembro.
● San Ramón de Bealo en Boiro. Procesión este venres, romaría e concerto de Pili Pampín o sábado e misas cantadas e verbena todos os días ata o martes 3 de setembro.
● Festa do Polbo na Illa de Arousa. Cita gastronómica entre o venres 30 e o domingo 1 de setembro.
● Festa do Pan de Neda. O domingo 1 de setembro haberá postos de pan, empanadas e doces, música e un mercado de artesanía.
● Festa da Chula de Moscoso en Pazos de Borbén. Ocasión perfecta para gozar destes doces de cabaza e doutros pratos o día 1 de setembro.
● Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes. Música popular, interpretación do himno galego e xantar popular o sábado 31.
● Baixada de Carrilanas na Guarda. As festas das Mercedes da Gándara comezan cunha carreira de carrilanas este sábado 31 de agosto a partir das 18:00 horas.
Festivais
● Festival da Poesía do Condado en Salvaterra de Miño. A poesía e a música serán protagonistas o sábado 31 de agosto:
-
Poesía: Shahd Wadi, Arancha Nogueira, Inma Núñez Núñez, Diana Kurich, Iris Abril Teijeira, Afra Torrado, Lucía Cernadas, Susana Araujo, Susana Arins e Charo Lopes.
-
Música: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Loita Armada, Banda Bassotti, Skárnio e Marqués de Vilapodre Dj Set.
● Festiletras. Música de artistas galegos e en galego entre o sábado 30 de agosto e o 1 de setembro na aldea do Couto, en Ponteceso:
-
Guadi Galego, Fillas de Cassandra, Depedro, Sés, De Ninghures, Ortiga, Mondra, Ataque Escampe, Mon Devane, Alana, Lontreira e Pelepau.
● Discalzos polo festival. Festival na praza da Revolta de Cedeira os días 30 e 31 de agosto:
-
Dakidarría, Sandford Music Station, Boyanka Kostova, Dios Ke Te Crew, Quinkillada, Eme DJ, Turbo Kraks e Emetarians & Forward Ever Band.
● The Wild Fest. Este festival na natureza celebrarase o venres e sábado no parque San Miguel de Oia, en Vigo:
-
Dakidarría, Julián Maeso Band, Moonshine Wagon, Moura, Salvaxesons e máis artistas.
● Rodrigo Cuevas dará un concerto na Romaría de Santa Margarida, na Coruña, o 29 de agosto ás 21:30 horas.