Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mellores festas, festivais e concertos desta fin de semana

As mellores festas, festivais e concertos desta fin de semana

O Entroido de Verán de Redondela, a Festa do Esquecemento e as Festas de Ferrol son algúns dos eventos protagonistas

O Río Verbena Fest en Pontevedra atrae os maiores focos no ámbito musical

Imaxe de arquivo da Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia
G24.gal 22/08/2024 17:41 Última actualización 22/08/2024 19:26

Festas

Festas do verán de Ferrol. Ademais dos concertos de Beret, Coti e Abraham Mateo, esta fin de semana tamén se celebrarán as festas na parroquia de Covas e a festa do choco en Caranza. Ademais, o deporte tamén será protagonista grazas ao Rally de Ferrol e ao surf do Pantin Classic en Valdoviño.

Entroido de verán en Redondela. Disfraces, concertos, DJ, unha gala drag, inchables e festa da escuma para os máis cativos e moita diversión durante toda a xornada do sábado 24 de agosto.

Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia. Recreación do momento histórico no que os romanos chegaron ao río Limia. Contará con actividades desde o venres ata o domingo.

Festa da Vendima en Leiro. Festa vitícola con desfile de carrozas, mercado de artesanía e música, o sábado 24 de agosto.

Festas de María Pita na Coruña. Continúan as festas de agosto na cidade, con representacións teatrais, feira do libro e celebracións nos barrios de Castrillón (ata o venres 23) e da Sagrada Familia (entre o venres 23 e o domingo 25).

Os Caneiros en Betanzos. A segunda xira dos Caneiros polo río Mandeo será o domingo, pero antes poderase gozar do resto das festas da cidade e dos concertos de Chenoa e Shophie Simmons, o sábado.

Festival Agrocuir da Ulloa. O festival pola diversidade sexual, afectiva e de xénero no rural celebrarase o venres 23 e o sábado 24 en Monterroso.

Festa da Malla Tradicional de Doade. Festa dedicada a esta técnica agrícola e acompañada por música e unha mostra de artesanía na parroquia lalinense.

San Roque en Vilagarcía. Verbenas, concertos, a batalla naval, o desfile de carrozas ata o domingo 25 de agosto e moitas risas na FestaClown.

San Bartolomeu de Noia. Los Secretos, Natalia, Luar na Lubre, verbenas e moito máis desde o venres 23 ata o luns 26 de agosto.

Festas do Cristo en Cangas. Arrincan o venres 23 de agosto cunha programación ateigada de verbenas, concertos e misas, que se estenderá ata o sábado 31 de agosto.

Festas Patronais de Chantada. Comezan o xoves 22 de agosto e estenderanse ata o martes 27. O Folión de Carros, un dos eventos máis destacados, será o sábado 24.

Descenso Internacional do Río Miño. Competición deportiva na que os piragüistas farán un percorrido de 14 quilómetros desde Salvaterra do Miño ata a ponte internacional de Tui.

Mostrart na Coruña. Última semana para visitar a feira de artesanía, que estará aberta ata o domingo 25 de agosto.

 

Citas gastronómicas

Festa da Empanada da Bandeira. Cita gastronómica con música e xogos populares entre o mércores 21 e o sábado 24.

Festa do Viño do Condado de Tea. Salvaterra de Miño acolle esta festa gastronómica con animación musical entre o venres 23 e o domingo 25.

Festa do Percebe na Guarda. Cita gastronómica entre o venres 23 e o domingo 25.

Festa do Requeixo na Capela. O domingo 25 de agosto é a oportunidade perfecta para degustar este produto e gozar xogos tradicionais, a maxia e a música.

Romaría do Pan de Millo de Cabral. O domingo tamén será o momento idóneo para probar este delicioso pan, ademais doutros pratos típicos, acompañados de música tradicional.

Romaría de Naseiro en Viveiro. Tamén coñecida como Romaxe do Bo Xantar, pola súa oferta gastronómica, protagonizada este venres polo día do polbo. Tampouco faltarán a música e as misas, entre o 23 e o 27 de agosto.

 

Festivais e concertos

Río Verbena Fest. A terceira edición deste festival celébrase en Pontevedra entre o venres 23 e o sábado 24 de agosto:

  • Amaral, Lory Meyers, Viva Suecia, Dani Fernández, Baiuca, Siloé, Mikel Erentxun, Vicco, Michenlo, Los Zigarros, Nebulosa, Galician Army, Sarria, Alcalá Norte, Son das Tabernas, Four Passengers, Joana Romero, Blacks Stones, Mamasunción e Law.

Festival da Luz. Ata 42 artistas e bandas reúnense en Boimorto entre o venres 23 e o domingo 24:

  • Mägo de Oz, Luz Casal, Veintiuno, Fillas de Cassandra, Los Zigarros, El Kanka, Ortiga, Grande Amore, Lontreira, Marlena e moitos máis.

Extruga na rúa. Festival de música e cultura urbana en Verín o 24 e 25 de agosto:

  • Cora Novoa, Boyanka Kostova, Grande Amore, Dirty Suc, Pappaquino e Willow GHZ.

Costa Feira. O xoves 22 actuarán en Sanxenxo Coque Malla e Sidecars, mentres que Natos y Waor pecharán o festival o sábado 24 de agosto.

Son do MarMiriam Rodríguez, Andrés Suárez e Yoly Saa actuarán o sábado 24 de agosto no Grove.  

Atardecer no Gaiás. O dúo Alarido actuará no ciclo de concertos de Santiago este venres.

Beret estará nas festas de Ferrol o xoves 22 ás 22:00 horas.

Coti: o cantautor arxentino actuará nas festas de Ferrol o venres 23 ás 22:00 e no entroido de Redondela ás 00:30 horas na noite do sábado para o domingo.

Abraham Mateo tamén estará nas Festas de Ferrol, o sábado ás 22:00 horas.

Los Secretos estarán en Noia o venres 23 de agosto ás 23:00 horas.

Chenoa cantará en Betanzos o sábado 24 de agosto ás 22:30 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade