Publicador de contidos
Publicador de contidos

As negociacións para a investidura e a amnistía marcarán o sexto aniversario do 1-O

As negociacións para a investidura e a amnistía marcarán o sexto aniversario do 1-O

Jordi Turull, de JxCAT, defende o rigor e a discreción nas negociacións

ERC e Junts reiteran que non renuncian ao referendo de independencia

 

Oriol Junqueras, de ERC, este sábado en Igualada, Barcelona
G24.gal 30/09/2023 20:27 Última actualización 30/09/2023 20:38

As negociacións para a investidura de Pedro Sánchez marcarán as mobilizacións deste primeiro de outubro en que o independentismo catalán celebra o sexto aniversario do referendo ilegal. Os partidos políticos e as distintas entidades soberanistas celebran este aniversario con marchas a pé e en moto, manifestaciós, e un acto político unitario en que está previsto que interveña, entre outros, o expresidente Carles Puigdemont. Este sábado Puigdemont insistiu en que a independencia segue sendo o obxectivo de Junts.

"Hai seis anos que defendemos con firmeza o referendo de independencia do 1 de outubro do 2017. Algúns din que renunciemos, que o deixemos estar, que pasemos páxina, que o deixemos correr, non é o noso caso".

"Nós non participaremos desta escalada de declaracións, de a ver quen a ten máis grosa, quen marca máis perfil, senón que hai que impulsar a seriedade e a discreción", engade Turull.

Os votos de Junts e de Esquerra republicana son imprescindibles para a investidura de Pedro Sánchez. Oriol Junqueras reivindicou para a súa formación os avances conseguidos na lexislatura pasada, que se traduciron en indultos e cambios nos delitos de sedición e malversación. A amnistía, dixo, non será o punto final.

"A amnistía é un paso máis, un paso imprescindible para poder disputar en condicións de igualdade o camiño que aínda nos queda para a independencia do noso país".

O presidente da Generalitat, o republicano Pere Aragonés, non participará na manifestación independentista pero si lerá unha declaración institucional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade