Publicador de contidos
Publicador de contidos

As negociacións postelectorais entre PP e Vox monopolizan a precampaña para as xerais

As negociacións postelectorais entre PP e Vox monopolizan a precampaña para as xerais

Vox pídelle sensatez ao PP para liberar a España do socialismo e o comunismo

O PP reitera que os territorios teñen liberdade para pactar

Pedro Sánchez, en Tenerife
G24.gal 24/06/2023 20:38 Última actualización 24/06/2023 20:48

Os partidos intensifican os actos de precampaña. Pedro Sánchez estivo hoxe en Tenerife animando os progresistas a votar e advertindo do poder destrutor da política. Os populares defenderon a súa política de pactos tras as municipais. Vox quere liberar España do socialismo e o comunismo e Yolanda Díaz  promete 1.000 euros para os que non poden co custo da vida.

En Madrid, no barrio obreiro de Orcasitas, a candidata de Sumar dixo que quere loitar contra a emerxencia climática e ser a primeira presidenta verde do país. Díaz defendeu a boa marcha da economía.

"Temos que cadrar os datos bos pero coa xente dentro, con barrios como Orcasitas dentro, cos traballadores dentro, se non eses datos non valen"

Vox tamén elixiu Madrid para o seu primeiro acto de precampaña. Santiago Abascal pediulle ao Partido Popular que actúe coa sensatez mostrada en Valencia, dixo, e non coa confusión que frustrou, de momento, un acordo de goberno en Estremadura.

"Din que estamos obrigados a darlles os votos, semella unha película de ciencia ficción, pois sentímolo, non é posible, baixen da burra"

Desde Ferrol, o vicesecretario de organización do PP, Miguel Tellado, insistiu en que cada territorio ten liberdade para pactar.

"E niso estamos, eu creo que a clave é garantir a gobernabilidade das institucións e despois non traizoar en ningún caso os nosos principios e o noso ideario e o noso programa electoral"

O presidente do Goberno desprazouse a Tenerife. Pedro Sánchez animou os votantes progresistas a non absterse para que as conquistas sociais, dixo, se consoliden.

"Non subestimemos o poder do voto, o poder tansformador e o de destrución da política, porque os acordos entre Feijóo e Abascal son unha ponte a un pasado que pensamos que estaban superados e nos que a cidadanía no se ve reflectida, na súa maioría"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade