Publicador de contidos
Publicador de contidos

As oposicións de educación celebraranse a terceira fin de semana de xuño

As oposicións de educación celebraranse a terceira fin de semana de xuño

As probas realizaranse en 14 localidades de toda Galicia, cun total de 222 tribunais

Os interinos e substitutos non estarán obrigados a presentarse ao procedemento

G24.gal 05/06/2022 12:28 Última actualización 05/06/2022 13:27

A Xunta celebrará as oposicións de educación durante a terceira fin de semana de xuño en 14 localidades de toda Galicia, cun total de 222 tribunais.

Segundo informou o Goberno galego, as probas para os corpos de profesorado serán o sábado 18 de xuño, e para o resto (inspectores, profesores de secundaria, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño), o domingo 19.

As localidades que acollerán os exames son:

-A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón e Santiago de Compostela.

-Lugo e Monforte de Lemos.

-Ourense e O Carballiño.

-Pontevedra, Marín, Lalín, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Os espazos concretos nos que se realizarán os exames publicaranse nos vindeiros días no Portal Educativo. Lembran que, ao amparo do acordado coas organizacións sindicais, os interinos e substitutos non estarán obrigados a presentarse ao procedemento.

En total, 22.919 persoas concorrerán ás oposicións nun proceso que se desenvolverá segundo o sistema habitual. Optan ás 2.484 prazas convocadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade