As parellas buscan regalos especiais polo Día dos Namorados
As florarías notan a chegada do San Valentín
O luns é o Día de San Valentín e os máis dos namorados seguro que ou ben xa teñen un agasallo preparado para a súa parella ou, pola contra, aínda están pensando como dicirlles o que senten cun detalle.
O amor está no aire, nótase ben a poucos días de San Valentín. Nótase nos escaparates. Nótase, como non, nas florerías e, xa se sabe, unha rosa nunca é un erro. Pero para os que queiran saír do clásico as flores adáptanse aos desexos e aos petos. E é que cando se trata de manifestar o amor, todos queremos facelo do mellor xeito posible.
Orixinalidade e amor semella a fórmula perfecta para triunfar nun día tan especial, falemos de roupa, de complementos, de xoias... Ese agasallo perfecto que, de tanto pensalo, adoita deixarse para o final.