Organizan un torneo de pádel por San Valentín para fomentar novas amizades ou buscar parella
De momento, xa hai unha trintena de persoas inscritas, pero con certo desequilibrio
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250209/padel(2).png)
Ante a inminencia do día de San Valentín, dedicado ao amor e a amizade, xorden todo tipo de iniciativas para pasar o día. En Lugo hai unha moi curiosa: un torneo de pádel no que poden participar afeccionados ao deporte, pero tamén calquera que queira ampliar o círculo de amigos ou buscar o amor.
Nestas mesmas instalacións, dentro dunha semana, vaise disputar un torneo moi singular, no que o de menos é o resultado deportivo.
No momento de inscribirse os participantes indican os seus intereses e, en función dos seus gustos, valorarase cal é a persoa coa que mellor pode encaixar.
O pádel é unha desculpa para se xuntar. De momento, xa hai unha trintena de persoas inscritas, pero con certo desequilibrio. Predominan os homes e por iso Kayleigh fai un chamamento ás mulleres para que se animan.
Kayleigh xa fixo iniciativas semellantes no seu país de orixe, en Estados Unidos. A cita é o vindeiro sábado a partir das cinco e media.