Cargando resultados...
O colexio Castro Baxoi de Miño celebra o Día da Paz cunha carreira solidaria
O colexio Castro Baxoi de Miño celebra o Día da Paz cunha carreira solidaria
Está aberta tamén ás familias e hai unha recollida de comida para o Banco de Alimentos Rías Altas
G24.gal
30/01/2025 14:05
O 30 de xaneiro é o Día da Paz e, dende CEIP Castro Baxoi de Miño, "millan" por ela cunha carreira solidaria.
A competición, en que participaron uns 600 nenos e nenas, estaba aberta tamén ás familias e recolléronse alimentos para fomentar a solidariedade, o deporte e a convivencia.
Esta xornada de solidariedade e deporte conxuga tamén os valores de convivencia, respecto e hábitos saudables.