Publicador de contidos
Publicador de contidos

As patronais van pedir que o subsidio para maiores de 52 se estenda aos autónomos

As patronais van pedir que o subsidio para maiores de 52 se estenda aos autónomos

O presidente de ATA -Federación Nacional de Traballadores Autónomos- aféalle a Traballo negociar este subsidio coma "segundo prato"

Lorenzo Amor critícalle ao Goberno que aprobe este martes a suba do SMI pero non indexe os contratos públicos

G24.gal 04/02/2024 11:10 Última actualización 04/02/2024 12:50

O presidente de ATA, a Asociación de Traballadores Autónomos, Lorenzo Amor, avanzaba nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega que as patronais españolas -CEOE, CEPYME e ATA- lle pedirán este luns ao Goberno que se estenda o subsidio por desemprego a maiores de 52 anos aos autónomos.

Adiantábao na véspera da xuntanza convocada polo Ministerio de Traballo con sindicatos e patronais para retomar a negociación da reforma do subsidio por desemprego logo de que o real decreto aprobado polo Goberno en decembro non fora convalidado no Congreso polo voto en contra dos cinco parlamentarios de Podemos, que se uniron nese rexeitamento aos votos de PP e Vox. 

O presidente de ATA dicía descoñecer cal será a proposta que presentará o Ministerio de Traballo e criticaba que se retome o diálogo social agora, coma "segundo prato" despois do rexeitamento do Congreso. 

"Tómbase parlamentariamente e agora dísenos que se quere negociar. Imos ver que é o que se nos propón. Isto é un diálogo social de segundo prato. Isto vai ao diálogo social unha vez que foi tumbado no Congreso e agora parece que si é importante levalo ao diálogo social. Como presidente da maior organización de autónomos xa digo que CEOE, CEPYME e neste caso ATA van defender que se estenda o subsidio para maiores de 52 anos aos autónomos".

Salario mínimo interprofesional

O presidente de ATA tamén lle afeaba ao Goberno que aprobe este martes en Consello de Ministros a suba do salario mínimo Interprofesional -SMI- pero que non indexe os contratos públicos. Amor apuntaba a que moitas pemes e autonómos "terán que ver como aplican" esta revalorización, "as Goberno e sindicatos mentres non opta por actualizar os contratos públicos. 

"É moi fácil decidir por decreto que os empresarios e os autónomos suban os salarios aos traballadores pero cústalle moito traballo á Administración cando actúa de empresario"

Na entrevista, Amor expresaba o seu apoio ao sector agrario español, que anuncia mobilizacións. O presidente de ATA considera que a burocracia da Unión Europea na Política Agraria Común coma certas políticas laborais en clave nacional están castigando o traballo no agro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade