Cargando resultados...
Bosnia sofre as peores inundacións dos últimos dez anos
Bosnia sofre as peores inundacións dos últimos dez anos
Polo menos 17 persoas morreron e outras moitas están desaparecidas
G24.gal
07/10/2024 13:10
Polo menos 17 persoas morreron nas peores inundacións rexistradas en Bosnia e Hercegovina nos últimos dez anos. Ademais, moitas outras encóntranse desaparecidas, polo que o cómputo de falecidos podería seguir elevándose.
A chuvia torrencial e os corrementos de terras destruíron casas, estradas e pontes en todo o centro do país, onde polo verán padeceron unha seca sen precedentes.