Ás portas de San Valentín, xa están volvendo os detalles máis clásicos
Flores e xoias seguen triunfando e os comercios xa notan maior afluencia de clientes que buscan o agasallo para a ocasión
Nas vésperas de San Valentín, xa sorprende o número de clientes que se achegan aos comercios para seguir mantendo a tradición dos detalles.
Karina, florista, calcula que sobre as seis da tarde xa atendera medio cento de persoas que querían encargar ou recoller o agasallo para o Día dos Namorados. As rosas vermellas continúan sendo as raíñas, mais tamén lle piden moita cúpula e corazóns. Sobre os clientes di que o amor non ten idade, que lle pode vir dende un neno de 10 anos a un señor de 80.
Digna, dende a xoiería veciña, cre que o San Valentín vivirá sempre. Tamén ela atendeu durante toda a xornada namoradas e namorados que, a dous días do 14 de febreiro, pretenden deixar xa listo o detalle. Asegura que son moi boas datas para este tipo de negocio.
Os escaparates xa locen corazóns, pero na rúa latexa o vello debate de se vivir con ilusión ou non o Día dos Namorados.